O profesor Luis Liz Marzán, científico de máximo prestixio a nivel internacional, volve a ser catedrático da Universidade de Vigo 16 de mar. de 2022

Visto 91 veces

O profesor Luis Liz Marzán, científico de máximo prestixio a nivel internacional, volve a ser catedrático da Universidade de Vigo

O investigador regresa para pór en marcha un novo laboratorio de investigación no Cinbio

“O profesor Luis Liz Marzán, científico de máximo prestixio a nivel internacional, volve a ser catedrático da Universidade de Vigo”. Así de rotundo e satisfeito se amosou o reitor Manuel Reigosa este mércores na rolda de prensa na que se anunciou o regreso á institución académica viguesa de quen durante 17 anos, de 1995 a 2012, fora xa docente –catedrático desde 2006- e director do grupo de investigación de Química Coloidal, referencia no deseño de novos materiais con aplicacións biomédicas. Regresa como catedrático a tempo parcial, cargo que compatibilizará co seu traballo no CIC biomaGUNE do País Vasco, onde exerceu ata o pasado mes de xaneiro como director científico e xefe do grupo Ciber-BBN.

A reincorporación farase efectiva desde a vindeira semana e, desde xa, arrancarán os preparativos para a posta en marcha dun novo grupo de investigación que terá como sede o Centro de Investigacións Biomédicas, Cinbio, da Universidade de Vigo. Así se explicou está mañá nunha comparecencia que tivo lugar no edificio Redeiras e na que, tanto o reitor como Liz, amosaron a súa satisfacción por un regreso que foi posible, tal e como recalcaron ambos, grazas á colaboración económica da Xunta de Galicia, “que sempre amosou a súa dispoñibilidade a facilitar o regreso de investigadores de primeiro nivel e, neste caso, moi especialmente, porque se retoma unha colaboración dunha persoa que xa era catedrática da UVigo”, recalcou Reigosa.


Vídeos da mesma serie
O profesor Luis Liz Marzán, científico de máximo prestixio a nivel internacional, volve a ser catedrático da Universidade de Vigo
O investigador regresa para pór en marcha un novo laboratorio de investigación no Cinbio
16 de mar. de 2022
Quenda de preguntas. O profesor Luis Liz Marzán, científico de máximo prestixio a nivel internacional, volve a ser catedrático da Universidade de Vigo
O investigador regresa para pór en marcha un novo laboratorio de investigación no Cinbio
16 de mar. de 2022