Pequena historia das análises de augas en Galicia. Antonio Casares 20 de set. de 2022

Visto 15 veces

Pequena historia das análises de augas en Galicia. Antonio Casares

Conferencia

No curso académico 2017/2018 implantouse no campus de Ourense o Programa de Doutoramento Auga, Sustentabilidade e Desenvolvemento, no marco do proxecto de especialización deste campus como Campus Auga. Na actualidade están matriculados nel 70 estudantes de oito países e ao seu abeiro téñense defendido oito teses de doutoramento de alumnado de España, Portugal e Camerún.

O programa deu oficialmente a benvida ao curso 2022/2023 cunha xornada de conferencias celebrada presencialmente na Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo e retransmitidas a través UVigo TV tendo en conta a faciana internacional deste programa. O obxectivo desta actividade foi “difundir a cultura da investigación en relación coa auga no eido académico”, centrándose concretamente na historia do uso e a investigación das augas en Galicia. Na benvida, J. Eugenio López Periago, coordinador deste programa de doutoramento, indicou que con esta xornada a organización quixo “visibilizar tamén o carácter interdisciplinar deste Campus Auga e do seu programa de doutoramento, que abrangue todas as áreas de coñecemento relacionadas coa auga”.

Fonte: DUVI

Presenta: José Eugenio López Periago
Departamento de Bioloxía Vexetal e Ciencias do Chan, Universidade de Vigo
Francisco Díaz Fierros Viqueira
Catedrático de Edafoloxía e Química Agrícola da Universidade de Santiago de Compostela.