A contribución dos recursos educativos abertos ao logro dos ODS da Agenda 2030 25 de out. de 2022

Visto 21 veces

A contribución dos recursos educativos abertos ao logro dos ODS da Agenda 2030

Conferencia

A Semana internacional do acceso aberto, unha iniciativa anual para promover o acceso aberto no mundo académico e da investigación. Este ano o seu lema é “Aberto para a xustiza climática” e ten como obxectivo concienciar sobre como o acceso aberto pode ser un medio para a xustiza climática.

O termo recursos educativos abertos (REA ou OER en inglés) foi acuñado pola Unesco no ano 2002 e fai referencia aos materiais de ensino e de aprendizaxe dispoñibles na web de forma gratuita. A súa característica principal é que son materiais que se atopan en dominio público ou que foron publicados con licenzas abertas que permiten o seu uso, adaptación ou distribución gratuitas respectando a autoría.

Presenta: Mª Isabel Doval Ruiz
Vicerrectora de Responsabilidade Social, Internacionalización e Cooperación, Universidade de Vigo
Brigit Nonó Rius
Xefa da unidade de desenvolvemento de proxectos e comunicación, Biblioteca da Universitat de Girona