Política Nacional de Acceso Aberto 27 de out. de 2022

Visto 16 veces

Política Nacional de Acceso Aberto

Conferencia

Nesta mesa redonda, analízanse as novidades nas políticas de ciencia aberta no ámbito nacional, a reforma do sistema de avaliación da investigación que propón a Comisión Europea e o modelo latinoamericano de financiamento público para as revistas, o acceso aberto diamante. Tres perspectivas que nos ofrecerán unha visión panorámica sobre as políticas actuais de ciencia aberta e as súas implicacións na transición a este novo paradigma de comunicación científica.

Presenta: Ana Bernabeu
directora da Área de Investigación da Universidade de Vigo
Pilar Rico Castro
xefa da Unidad de Acceso Abierto, Repositorios y Revistas da Fundación Española de Ciencia y Tecnología (FECYT)