Sesión de Orientación: O Grao en Dirección e Xestión Pública como opción formativa de futuro 12 de xan. de 2023

Visto 87 veces

Sesión de Orientación: O Grao en Dirección e Xestión Pública como opción formativa de futuro

Conferencia

A principal fortaleza desta titulación é o seu carácter multidisciplinar que combina as seguintes áreas de coñecemento: ciencia política e da administración, contabilidade, dereito, economía, empresa, estatística, informática, mercadotecnia e socioloxía. Grazas a esta heteroxeneidade de coñecementos, a titulación orienta ao estudante de forma integral cara á dirección e xestión de organismos públicos e privados cunha estreita relación coa Administración.

Enrique Varela Álvarez
Óscar Briones Gamarra
Coordinador do Grao en Dirección e Xestión Pública (modalidade presencial), Facultade de Dirección e Xestión Pública, Universidade de Vigo