Acto do Día das Letras Galegas 2023 26 de maio de 2023

Visto 34 veces

Acto do Día das Letras Galegas 2023

A Universidade de Vigo viviu unha particular viaxe ao pasado, unha viaxe no tempo que a levou a situarse no 15 de maio de 1992, data na que a institución, que daquela daba os seus primeiros pasos, nomeaba coma primeiro doutor honoris causa, a máis alta distinción que pode conceder unha universidade e que só se dirixe a persoas con méritos de moita excelencia, ao intelectual galeguista Francisco Fernández del Riego, exercendo como madriña do acto, a profesora Mª Victoria Carballo-Calero. 31 anos despois, a institución lembrou esa data para homenaxear a figura de quen foi considerado o último patriarca do galeguismo, a quen se dedica a celebración do Día das Letras Galegas 2023, unha data que na UVigo se viviu cun sentimento moi especial.

Presenta: Susana Reboreda Morillo
Vicerreitora de Extensión Universitaria e Catedrática de Historia Antiga, Universidade de Vigo
Reitor, Universidade de Vigo
María Victoria Carballo-Calero Ramos
Catedrática de Historia de Arte Contemporánea da Universidade de Vigo, Académica de número da Real Academia de Belas Artes de Galicia
Valentín García Gómez
Secretario Xeral de Política Lingüística, Xunta de Galicia.
Loita Amada
Grupo musical
Colaboración de RTVE

Vídeos da mesma serie