Acto académico de Santo Tomás de Aquino 2024 26 de xan. de 2024

Visto 244 veces

Acto académico de Santo Tomás de Aquino 2024

O reitor, Manuel Reigosa, reivindicou “o orgullo” que representa formar parte desta Universidade. Durante o acto 160 estudantes foron recoñecidos con premios académicos

160 premios para o alumnado máis excelente
No transcurso do acto, a Universidade fixo entrega dos seus diferentes recoñecementos ao alumnado. Por unha banda, recibiron as súas distincións as 53 persoas galardoadas cos premios extraordinarios de grao correspondentes ao curso 2022/2023, nos que as mulleres, con 38, foron maioría. Destes 53, 13 corresponden ao campus de Ourense, 9 ao de Pontevedra, 23 ao de Vigo e outros 8 aos centros adscritos. No caso dos premios extraordinarios de doutoramento, concedéronse 21 distincións (14 para mulleres), 3 delas correspondentes ao ámbito de arte-humanidades; 7 do ámbito das ciencias; 2 do eido das enxeñarías e outros 9 do campo xurídico-social. Tamén se fixo entrega dos 11 premios Egeria á inclusión da perspectiva de xénero nos traballos de fin de grao e máster e das distincións aos mellores expedientes do alumnado de novo ingreso, tanto de grao como de mestrado neste curso 2023/2024, 60 e 15 galardóns respectivamente.
Fonte: DUVI


Vídeos da mesma serie
Acto académico de Santo Tomás de Aquino 2024
O reitor, Manuel Reigosa, reivindicou “o orgullo” que representa formar parte desta Universidade. Durante o acto 160 estudantes foron recoñecidos con premios académicos
26 de xan. de 2024