Presentación do Tercer Informe do Observatorio Virtual de Machismo Dixital Stop Machitroles 28 de out. de 2024

Visto 39 veces

Presentación do Tercer Informe do Observatorio Virtual de Machismo Dixital Stop Machitroles

A Cátedra de Feminismos 4.0, a través do seu Observatorio Stop Machitroles, presentou o seu cuarto informe de resultados, titulado Radiografía da violencia machista dixital na prensa galega. A presentación tivo lugar na sala I do edificio Redeiras en Vigo.

A apertura do acto correu a cargo da deputada de Benestar Social e Igualdade da Deputación de Pontevedra, Sandra Bastos, e foi conducido pola directora académica da Cátedra de Feminismos 4.0 DEPO-UVigo, Águeda Gómez.

Tras a lectura do resumo executivo do informe, a xornalista Marga Tojo, vogal da Asociación Xornalistas Galegas, dió a súa visión sobre o tratamento da violencia de xénero nos medios, e, posteriormente, houbo unha quenda de preguntas aberto á prensa e público asistente.

Águeda Gómez Suárez
Directora da Unidade de Igualdade, Universidade de Vigo.
Sandra Bastos Míguez
Deputada de Igualdade e Benestar Social da Deputación de Pontevedra
Marga Tojo
Vogal, Asociación Xornalistas Galegas