Desafíos da (des)orde mundial. Quenda de cuestións 29 de out. de 2025
Desafíos da (des)orde mundial. Quenda de cuestións
A Universidade como espazo de análise crítica, diálogo e transformación
A xornada ten como finalidade ofrecer unha análise crítica da actual orde xeopolítica mundial,
centrada nos principais conflitos e nas ameazas á paz global. Preténdese visibilizar o impacto dos
intereses da industria armamentística e da desinformación —especialmente a través das fake news e
dos discursos de odio— na configuración do panorama internacional. Ademais, búscase fomentar
a reflexión sobre o papel transformador da universidade como espazo de coñecemento, diálogo e
acción para a construción de sociedades máis pacíficas e comprometidas coa xustiza global.
Obxectivos:
- Analizar a nova orde xeopolítica mundial, identificando os principais actores e dinámicas que
configuran o panorama internacional actual.
- Examinar os conflitos e ameazas que comprometen os dereitos humanos, a paz e a estabilidade
mundial.
- Reflexionar sobre o papel da industria armamentística e a súa influencia na política e nos
conflitos internacionais.
- Identificar o impacto das fake news e dos discursos de odio, especialmente no contexto da
desinformación e da polarización social.
- Promover o compromiso desde o ámbito universitario, explorando vías para contribuír á
construción de sociedades máis xustas, pacíficas e informadas.
