Acto de apertura do curso académico 2026/2027 do Sistema Universitario Galego 8 de set. de 2026

Visto 73 veces

Acto de apertura do curso académico 2026/2027 do Sistema Universitario Galego

A revitalización dos campus, o axuste da oferta de prazas e o financiamento marcan o inicio do curso no SUG.

O curso académico 2026/2027 do Sistema Universitario Galego botou a andar este martes na Universidade de Vigo cun acto institucional no que a reitora, Carmen García Mateo, puxo voz ás preocupacións das universidades do SUG, nomeadamente: o absentismo do alumnado, o desaxuste entre a oferta e a demanda de prazas nas titulacións, e o financiamento; ao tempo que apuntou as medidas a adoptar para enfrontalas. No acto conxunto das tres universidades celebrado no salón de actos da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais e presidido polo titular da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, a reitora da UVigo apostou pola revitalización dos campus e por unha comunidade, “na que se aprende a pensar, argumentar, escoitar e convivir”; así como pola necesidade de atender a demanda de prazas no sistema público para evitar a perda de talento e o éxodo ás institucións privadas; e por un Plan de Financiamento do SUG, “suficiente, estable e ambicioso”, para investir no talento e na capacidade de innovación das universidades, e no futuro do país.

Pola súa banda, o presidente da Xunta, Alfonso Rueda, confirmou na súa intervención que o Plan de Financiamento volverá a medrar ata acadar o maior investimento público no Sistema Universitario Público de Galicia. “Debemos lograr que se invista do mellor xeito posible”, dixo Rueda, que expresou o seu convencemento en que se volverá a acadar un acordo entre as universidades e a Xunta. O titular do goberno galego, que apelou á colaboración, “que está na base dos éxitos acadados na descentralización do estudos de Medicina; unha PAU máis xusta, ou o plan de infraestruturas”, aseguro que o SUG avanza con paso firme e o futuro de Galicia “pasa polo futuro das universidades contando co apoio da Xunta”.

O acto, celebrado este martes e que reuniu na FCEE unha ampla representación dos ámbitos académico, político e social, iniciouse coa lección inaugural a cargo do catedrático da UVigo José Cidrás Pidre, na que percorreu os máis de 125 anos de historia da electricidade, desde a iluminación e a electrificación da sociedade ata a liberalización do sector eléctrico.

Fonte: DUVI

Alfonso Rueda Valenzuela
Presidente, Xunta de Galicia
Carmen García Mateo
Reitora, Universidade de Vigo
Jose Cidrás Pidre
Rosa Crujeiras
Reitora, Universidade de Santiago de Compostela
Ricardo Cao
Reitor, Universidade da Coruña
Ernesto Pedrosa Silva
Presidente Consello Social, Universidade de Vigo
Cecilia Sierra Rey
Presidenta, Consello Social da Universidade de Santiago de Compostela
Antonio Abril Abadín
Presidente, Consello Social da Universidade da Coruña

Vídeos da mesma serie
Acto de apertura do curso académico 2026/2027 do Sistema Universitario Galego
A revitalización dos campus, o axuste da oferta de prazas e o financiamento marcan o inicio do curso no SUG.
8 de set. de 2026