8ª Competición de Robots da Escola de Enxeñaría Industrial. Universidade de Vigo
120 equipos puxeron os seus robots en marcha sobre os tapices das probas, pero a competición comezou moito antes, co deseño e construción e programación dos propios autómatas a partir dun kit básico, o mBot 2, un autómata educativo de última xeración impulsado por CyberPi, un microcontrolador educativo. Nesta oitava edición da Competición de Robots da EEI participaron 36 centros de ensino das catro provincias galegas (9 da Coruña, 21 de Pontevedra, 2 de Ourense e 4 de Lugo).
Galego
Vistas totales:
310