8ª Competición de Robots da Escola de Enxeñaría Industrial. Universidade de Vigo 25 de abr. de 2025
8ª Competición de Robots da Escola de Enxeñaría Industrial. Universidade de Vigo
¡CELEBRAMOS O X ANIVERSARIO!
120 equipos puxeron os seus robots en marcha sobre os tapices das probas, pero a competición comezou moito antes, co deseño e construción e programación dos propios autómatas a partir dun kit básico, o mBot 2, un autómata educativo de última xeración impulsado por CyberPi, un microcontrolador educativo.
Nesta oitava edición da Competición de Robots da EEI (a pandemia puxo en pausa a actividade durante tres anos) participaron 36 centros de ensino das catro provincias galegas (9 da Coruña, 21 de Pontevedra, 2 de Ourense e 4 de Lugo). Do total de participantes, o 65% son mozos e o 34% mozas.
Na modalidade BeRobot participan 110 equipos en tres categorías: 26 equipos con 120 participantes de 1º e 2º da ESO; 50 equipos con 234 participantes de 3º e 4º da ESO e 34 equipos con 177 participantes de 1º e 2º de Bacharelato. Na segunda modalidade, DemoRobot, para estudantes de FP e Universidade, inscribíronse 10 equipos con 35 participantes.