Ponte... nas Ondas! 1995-2025. 30 aniversario
26 de mar. de 2025
Ponte... nas Ondas! 1995-2025. 30 aniversario
O alumnado do IES Terra de Turonio de Gondomar, o CEIP de Petelos de Mos, o CEIP Seis do Nadal de Vigo, o CEIP Altamira e o IES Pedras Rubias de Salceda de Caselas, o CEP Carlos Casares e o IES de Salvaterra de Miño e o CPI Covaterreña tomou parte nunha emisión radiofónica, que enlazou desde a Costa da Morte ata Lisboa e na que tomaron outros 50 centros educativos máis. Xunto á estrea do novo himno, composto co gallo do 30 aniversario da asociación, interpretado polo alumnado do CEIP Seis do Nadal e obra da compositora Ana Senlle e do músico Pancho Álvarez , a xornada radiofónica completouse coas actuacións musicais de Magín Blanco e Xurxo Antúnez, do grupo Os terribles de Donas e entrevistas a artesáns e artesás e persoas portadoras do patrimonio cultural inmaterial.
Vídeos da mesma serie
UVigo Motorsport presenta o UM26
Máis lixeiro, cun novo motor e cos sistemas de propulsión e aerodinámica renovados. O monopraza competirá este verán nos circuítos de Formula Student de Austria e España. Fonte: DUVI
3 de xul. de 2026
Premios Consello Social UVigo Humana
Galardoadas a Fundación Mujeres por África, no ámbito internacional e á asociación Bicos de Papel, no ámbito galego. O Consello Social tamén premia os mellores TFG, TFM e teses en materia de Axenda 2030
30 de abr. de 2026
XXVI Foro Tecnolóxico de Emprego
25 anos de iniciativa estudantil cunha idea moi clara: conectar o talento universitario coas empresas do sector tecnolóxico e industrial
27 de feb. de 2026
G-Night 2025. Noite europea das persoas investigadoras
Coa creatividade e a súa relación co coñecemento científico como eixo do evento, baixo o lema “Conciencias creativas” esta xornada de lecer e divulgación está confomada por obradoiros, xogos, charlas e espectáculos.
26 de set. de 2025
Xornadas de benvida 2025/2026. Universidade de Vigo
Poderás informarte con detalle sobre todos os servizos que ofrece a nosa universidade e tamén recibirás a axenda 2025/2026 e algún agasallo máis para comezar o curso da mellor das maneiras.
5 de set. de 2025
Premios Alumni-UVigo 2025
15 finalistas para cinco premios, son en total 15 finalistas: 9 mulleres e oito homes, divididos en cinco categorías: Alumni -Uvigo Traxectoria Profesional, Emprendemento, Humanidades, Impacto Social e Investigación.
10 de xul. de 2025
Acto académico de San Tomé de Aquino 2025
O reitor defendeu a excepcionalidade da UVigo, que "está ao dispor de toda a sociedade". Durante a cerimonia entregáronse 161 galardóns que recoñecen “o talento e o esforzo”
28 de xan. de 2025
Premios Alumni 2024
Terceira edición de estos galardóns celebrada no edificio Redeiras que acolleu tamén a celebración do encontro anual de egresados e egresadas
19 de xul. de 2024