Medios dixitais e redes sociais. Rolda de Preguntas 25/01/2016

Visto 517 veces

Medios dixitais e redes sociais. Rolda de Preguntas

Estudos recentes, como o OBS Social 2015, sitúan en preto de 17 millóns os usuarios e usuarias activos cos que contan en España as redes sociais, ferramentas que teñen contribuído a que o mundo da comunicación sexa hoxe “diametralmente diferente” a anos atrás, como sostén o profesor da Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación Xabier Rolán. Para afondar na súa incidencia en ámbitos como a difusión dos novos medios dixitais, o turismo, as estratexias de comunicación empresarial ou a propia influencia persoal nestes novos “altofalantes”, esta facultade do campus pontevedrés celebrará o vindeiro luns 25 a segunda edición do Social Media Day.

Modera Xabier Rolán
Profesor Asociado, Universidade de Vigo
Marcus Fernández
Director, Código cero
Alejandro Espiño
Pontevedra Viva