Apertura Social Media Day 2016 25 Xan, 2016

Visto 534 veces

Apertura Social Media Day 2016

Estudos recentes, como o OBS Social 2015, sitúan en preto de 17 millóns os usuarios e usuarias activos cos que contan en España as redes sociais, ferramentas que teñen contribuído a que o mundo da comunicación sexa hoxe “diametralmente diferente” a anos atrás, como sostén o profesor da Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación Xabier Rolán. Para afondar na súa incidencia en ámbitos como a difusión dos novos medios dixitais, o turismo, as estratexias de comunicación empresarial ou a propia influencia persoal nestes novos “altofalantes”, esta facultade do campus pontevedrés celebrará o vindeiro luns 25 a segunda edición do Social Media Day.

Xabier Martínez Rolán
Profesor na Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación, Universidade de Vigo
Xosé Manuel Baamonde Silva
Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación, Universidade de Vigo