Amendoizate: Mellor que o leite 20 de abr. de 2018
Amendoizate: Mellor que o leite
A idea partiu dos profesores da Escola de Enxeñería Industrial José Luis González Cespón e José Antonio Alonso Rodríguez e do seu convencemento de que as materias que imparten teñen que estar conectadas coa sociedade. Así xurdiu o Congreso de Traballos Colaborativos, unha experiencia interdisciplinar única en España na que estudantes e docentes de diferentes escolas e facultades do campus traballan nun proxecto en común, achegando cada un o coñecemento da súas respectivas especialidades e , unha vez finalizado o traballo, debe presentarse nunha cita organizada a modo de congreso profesional, coa participación de todos os centros implicados. Cada curso realízanse dous congresos, un en cada cuadrimestre, o último constituíu a décima edición dunha iniciativa na que xa participaron máis de 1500 estudantes, 18 profesores e na que se presentaron preto de 200 traballos, algúns deles premiados en diferentes certames relacionados co mundo do emprendemento, entre outros, na última edición dos Incuvi-Emprende.