Presentación de Manuel Alcántara 2 de nov. de 2016
Presentación de Manuel Alcántara
O oficio de político no Século XXI
“Penso que é a gran tarefa pendente da democracia”. Deste xeito refírese o catedrático de Ciencia Política da Universidade de Salamanca Manuel Alcántara á necesidade de que os políticos e as políticas rendan contas da súa actuación. Na conferencia que imparte na tarde deste mércores na Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación, este experto salientou que o feito de que os políticos e políticas “son profesionais, é unha evidencia” desde o mesmo momento en que cobran polo seu labor. Mais algo que considera “lícito, porque están facendo un traballo e deben cobrar de acordo coas responsabilidades que teñan” debe vir acompañado ao seu xuízo polas condicións e “regras de xogo” que marque a cidadanía e que pasan, en primeiro termo, por esa rendición de contas.