Intervención de Blanca Piñeiro 9 de maio de 2012

Visto 2733 veces

Intervención de Blanca Piñeiro

Tras dous días de intenso debate, a duodécima edición do Curso Complementario de Comunicación e Protocolo chegou ao seu fin batendo de novo récords de asistencia con 359 asistentes. Segundo o seu principal organizador, o profesor da Universidade de Vigo Fernando Ramos, este curso é a actividade do sistema universitario galego con maior número de matriculados, contando con alumnado e profesionais procedentes de todos os perfís laborais. Cun total de 26 conferenciantes, un dos principais temas de debate foi o papel que xogan os consellos sociais dentro das institucións universitarias, “responsables da función de transmisores e representantes da Universidade na sociedade”.

Presenta: Mónica Valderrama Santomé
Doutora en Publicidade e Relacións Públicas, profesora da Universidade de Vigo.
Blanca Piñeiro
Licenciada en Periodismo Multimedia, Publicidade e RR.PP. , investigadora en comunicación corporativa. Xestora de RR.PP. no sector hoteleiro.
Organiza: Fernando Ramos
Doutor en Ciencias da Información. Profesor titular da Universidade de Vigo

Vídeos da mesma serie
Quenda de Preguntas
10 de maio de 2012
Quenda de Preguntas
10 de maio de 2012