A nova etapa da Organización Internacional de Cerimonial e Protocolo. Retos, desafíos, recursos e posibilidades de estender a cultura da excelencia 10 de maio de 2012
Visto 2626
veces
A nova etapa da Organización Internacional de Cerimonial e Protocolo. Retos, desafíos, recursos e posibilidades de estender a cultura da excelencia
Tras dous días de intenso debate, a duodécima edición do Curso Complementario de Comunicación e Protocolo chegou ao seu fin batendo de novo récords de asistencia con 359 asistentes. Segundo o seu principal organizador, o profesor da Universidade de Vigo Fernando Ramos, este curso é a actividade do sistema universitario galego con maior número de matriculados, contando con alumnado e profesionais procedentes de todos os perfís laborais. Cun total de 26 conferenciantes, un dos principais temas de debate foi o papel que xogan os consellos sociais dentro das institucións universitarias, “responsables da función de transmisores e representantes da Universidade na sociedade”.
i18n.one.Series:
XII Curso Complementario de Comunicación e Protocolo
Presenta:
Fernando Ramos
Doutor en Ciencias da Información. Profesor titular da Universidade de Vigo
María Teresa Otero Alvarado
Doutora en Publicidade e RR.PP, Profesora titular da Universidade de Sevilla, ex directora de Días Nacionais de Expo 92. Presidenta da OICP
Organiza:
Fernando Ramos
Doutor en Ciencias da Información. Profesor titular da Universidade de Vigo
Vídeos da mesma serie