Intervención de Paulino Pérez 9 de maio de 2012

Visto 2914 veces

Intervención de Paulino Pérez

Tras dous días de intenso debate, a duodécima edición do Curso Complementario de Comunicación e Protocolo chegou ao seu fin batendo de novo récords de asistencia con 359 asistentes. Segundo o seu principal organizador, o profesor da Universidade de Vigo Fernando Ramos, este curso é a actividade do sistema universitario galego con maior número de matriculados, contando con alumnado e profesionais procedentes de todos os perfís laborais. Cun total de 26 conferenciantes, un dos principais temas de debate foi o papel que xogan os consellos sociais dentro das institucións universitarias, “responsables da función de transmisores e representantes da Universidade na sociedade”.

Presenta: Mabel Míguez
Doutora en Comunicación Audiovisual e Publicidade. Profesora da Universidade de Vigo
Paulino Pérez Feijoo
Profesor, Universidade de Vigo, Doutor en Comunicación Audiovisual, Realizador de Televisión

Vídeos da mesma serie
Quenda de Preguntas
10 de maio de 2012
Quenda de Preguntas
10 de maio de 2012