Presentación 19 de mar. de 2012

Visto 2357 veces

Presentación

Non pode ver nin escoitar, pero como calquera outra persoa ten a necesidade vital de comunicarse. Gerardo ten 31 anos e sorprende nel a súa alegría vital. Vivo exemplo de que con moi pouca axuda é posible facer cousas importantes, este mozo xordocego vigués conseguiu coa axuda do seu guía e amigo Javier Pitillas facer o Camiño de Santiago desde Roncesvalles a Compostela pedaleando un triciclo tándem dirixido por Javier. Con esta viaxe como punto de partida xurdiu o documental O camiño dos sentidos, realizado por producións Beloke, onde se narra a fazaña de Gerardo e se amosa como unha persoa con graves limitacións “é capaz de seguir adiante e atopar razóns para ser feliz”. Así o presentaba a profesora Inmaculada Báez na Facultade de Filoloxía e Tradución onde esta mañá presentaron o seu novo proxecto, Discamino, unha aventura que o levará a repetir o camiño desde Roncesvalles pero nesta ocasión acompañadon ademais de por Javier, por Antonio, un neno cordobés de 13 anos cun 85% de parálise cerebral; o pai de Antonio e Dani, compañeiro de Pitillas que se uniu ao "tándem Gerardo-Javier" para axudalos no día a día e nos diferentes proxectos que poñen en marcha e que, nesta ocasión, fará o camiño en bici normal arrastrando un remolque cos útiles máis necesarios para facer a ruta.

Presenta: Inmaculada C. Báez Montero
Profesora no Grado de Galego-español e do Máster Interuniversitario de Lingüística Aplicada, Universidade de Vigo, A Coruña y Santiago de Compostela.
Javier Pitillas
Axente da Policía Local de Vigo
Gerardo Fernández
Xordocego

Vídeos da mesma serie
Presentación
19 de mar. de 2012
Quenda de preguntas
19 de mar. de 2012