Quenda de preguntas 19 de mar. de 2012

Visto 2409 veces

Quenda de preguntas

Non pode ver nin escoitar, pero como calquera outra persoa ten a necesidade vital de comunicarse. Gerardo ten 31 anos e sorprende nel a súa alegría vital. Vivo exemplo de que con moi pouca axuda é posible facer cousas importantes, este mozo xordocego vigués conseguiu coa axuda do seu guía e amigo Javier Pitillas facer o Camiño de Santiago desde Roncesvalles a Compostela pedaleando un triciclo tándem dirixido por Javier. Con esta viaxe como punto de partida xurdiu o documental O camiño dos sentidos, realizado por producións Beloke, onde se narra a fazaña de Gerardo e se amosa como unha persoa con graves limitacións “é capaz de seguir adiante e atopar razóns para ser feliz”. Así o presentaba a profesora Inmaculada Báez na Facultade de Filoloxía e Tradución onde esta mañá presentaron o seu novo proxecto, Discamino, unha aventura que o levará a repetir o camiño desde Roncesvalles pero nesta ocasión acompañadon ademais de por Javier, por Antonio, un neno cordobés de 13 anos cun 85% de parálise cerebral; o pai de Antonio e Dani, compañeiro de Pitillas que se uniu ao "tándem Gerardo-Javier" para axudalos no día a día e nos diferentes proxectos que poñen en marcha e que, nesta ocasión, fará o camiño en bici normal arrastrando un remolque cos útiles máis necesarios para facer a ruta.

Javier Pitillas
Axente da Policía Local de Vigo
Gerardo Fernández
Xordocego

Vídeos da mesma serie
Presentación
19 de mar. de 2012
Quenda de preguntas
19 de mar. de 2012