Presentación institucional a cargo do reitor 23 de feb. de 2017
Presentación institucional a cargo do reitor
Plásticos, latas, madeira, electrodomésticos, bolsas, redes... nos océanos hai todo tipo de residuos, consecuencia principalmente da actividade humana. Ademais da lexislación e dos labores de prevención e educación ambiental que eviten que o mar se converta nun vertedoiro, a limpeza destes restos require de tecnoloxías que permitan localizar con detalle, tipificar e caracterizar os restos nas zonas costeiras. Con este obxectivo e unindo os coñecementos de investigadores, empresas e sociedade civil nace o proxecto LitterDrone, seleccionado na convocatoria europea BlueLabs, que foi presentado na EE de Telecomunicación. A iniciativa está liderada polo Grupo de Procesado de Imaxe e Realidade Virtual (GPI-RV) e conta coa participación do grupo I-markt, tamén da Universidade de Vigo, xunto coa empresa de material topográfico Grafinta e a Asociación Española de Basuras Marinas