Intervención do director da Escola de Enxeñería de Telecomunicación 23 de feb. de 2017
Intervención do director da Escola de Enxeñería de Telecomunicación
Plásticos, latas, madeira, electrodomésticos, bolsas, redes... nos océanos hai todo tipo de residuos, consecuencia principalmente da actividade humana. Ademais da lexislación e dos labores de prevención e educación ambiental que eviten que o mar se converta nun vertedoiro, a limpeza destes restos require de tecnoloxías que permitan localizar con detalle, tipificar e caracterizar os restos nas zonas costeiras. Con este obxectivo e unindo os coñecementos de investigadores, empresas e sociedade civil nace o proxecto LitterDrone, seleccionado na convocatoria europea BlueLabs, que foi presentado na EE de Telecomunicación. A iniciativa está liderada polo Grupo de Procesado de Imaxe e Realidade Virtual (GPI-RV) e conta coa participación do grupo I-markt, tamén da Universidade de Vigo, xunto coa empresa de material topográfico Grafinta e a Asociación Española de Basuras Marinas