Tracks of Translation 30 de ago. de 2011

Visto 2277 veces

Tracks of Translation

A necesidade de tradución aumenta coa expansión de Europa e a colaboración entre países fai que haxa un recoñecemento cada vez maior do campo de estudo desta disciplina. O fallo chega cando esa tradución se traslada ao mundo dos libros: a pesar de ser un “dos piares fundamentais” da literatura, o profesional vólvese en moitos casos invisible aos ollos dos demais, unha invisibilidade que moitas veces é reivindicada polo propio tradutor. Aí reside “o problema”. “O feito de dicir que ben se le este texto que se parece ao orixinal xa indica o pouco valor que se lle concede á figura do tradutor ou incluso á necesidade de que permaneza discretamente nun segundo plano”, subliña Eysteinsson.

i18n.one.Series: Tracks of Translation
Catedrático de Literatura Comparada, Decano da Facultade de Humanidades da Universidade de Islandia

Vídeos da mesma serie
Tracks of Translation
30 de ago. de 2011