Intervención dos premiados UVIGUALA 2016 08/03/2016

Visto 421 veces

Intervención dos premiados UVIGUALA 2016

“Polo seu activismo e compromiso coa igualdade e o seu traballo dirixido a entender que un mundo mellor só se pode acadar cando as mulleres dispoñan das mesmas oportunidades que os homes”. Estes son os valores que fixeron á Asociación Universitaria de Ciencias da Educación AUCE, do campus de Ourense, merecedora do IV Premio de compromiso coa igualdade de xénero da Universidade de Vigo Uviguala 2016. O galardón foi entregado este martes, coincidindo coa celebración do Día Internacional da Muller, nun acto no que alumnado universitario e responsables académicos recalcaron a necesidade de apostar pola educación e polo feminismo para quebrar o modelo patriarcal imperante. “Temos que ter claro a involución que se está dando no eido da igualdade, para non conformarnos cos avances en lexislación e centrarnos na educación” para mudar a situación, subliñou Salustiano Mato, reitor da Universidade de Vigo, durante o acto.

Presenta: Salustiano Mato de la Iglesia
Reitor, Universidade de Vigo
Noemí Giráldez Rodríguez
Egresada de Traballo Social
Pablo Ovalle
Estudante de Educación Social da Facultade de Ciencias da Educación, Universidade de Vigo