Lectura dun manifesto por unha representación do sector alumnado da Universidade de Vigo 8 de mar. de 2016
Lectura dun manifesto por unha representación do sector alumnado da Universidade de Vigo
“Polo seu activismo e compromiso coa igualdade e o seu traballo dirixido a entender que un mundo mellor só se pode acadar cando as mulleres dispoñan das mesmas oportunidades que os homes”. Estes son os valores que fixeron á Asociación Universitaria de Ciencias da Educación AUCE, do campus de Ourense, merecedora do IV Premio de compromiso coa igualdade de xénero da Universidade de Vigo Uviguala 2016. O galardón foi entregado este martes, coincidindo coa celebración do Día Internacional da Muller, nun acto no que alumnado universitario e responsables académicos recalcaron a necesidade de apostar pola educación e polo feminismo para quebrar o modelo patriarcal imperante. “Temos que ter claro a involución que se está dando no eido da igualdade, para non conformarnos cos avances en lexislación e centrarnos na educación” para mudar a situación, subliñou Salustiano Mato, reitor da Universidade de Vigo, durante o acto.