25N Día Internacional contra a Violencia Machista (2013) Flasmob 25 de nov. de 2013
25N Día Internacional contra a Violencia Machista (2013) Flasmob
Reivindicando a forza da muller e o seu dereito a defenderse
Voz e música, Mercedes Peón. Durante algo máis de dous minutos preto de vinte mulleres e nenas tomaron o Centro Comercial ao son de cadanseu xogo de chaves ante a atenta mirada dos que alí estaban xantando. A coreografía reivindica a forza da muller e o seu dereito a defenderse, empregando movementos que lembraban técnicas de defensa persoal e transmitían unha imaxe de determinación e de contundencia. Para pór toda esta coreografía en marcha, Lésbicas Creando comezou a traballar hai preto de dous meses coa Unidade de Igualdade da Universidade e con D-OUTRAS, a Aula de danza universitaria de Ourense e co espazo de Alfaia, Escola de Música e Danza de Compostela. A finalidade, buscar esa mensaxe diverxente sobre a violencia de xénero.