III Competición de Robots, 2017. Escola de Enxeñería Industrial. Universidade de Vigo 28/04/2017

Visto 2544 veces

III Competición de Robots, 2017. Escola de Enxeñería Industrial. Universidade de Vigo

Centros de Vigo, Brión e Santiago acadaron os premios nas categorías Wall-E e R2D2

Con altas doses de creatividade e con aspiracións de resultar premiados na III Competición de Robots, chegaron á Escola de Enxeñería Industrial máis de 800 mozas e mozos, na súa maior parte procedentes de centros de ensino secundario e bacharelato das catro provincias galegas. Preto de 170 equipos divididos en dúas categorías, Wall-E, dirixida a estudantado de ensino secundario e bacharelato, e R2D2, orientada a titulacións superiores e a universitarios, tomaron o hall da escola para exhibir as súas creacións nos tapices de xogo. Durante toda a mañá a escola foi un ir e vir de grupos de rapazas e rapaces novos facendo os últimos axustes aos seus robots, que participaron en ambas as dúas categorías, cunhas creacións que amosan a creatividade e orixinalidade dun alumnado disposto a ser o mellor da competición.


Vídeos da mesma serie
III Competición de Robots, 2017. Escola de Enxeñería Industrial. Universidade de Vigo
Centros de Vigo, Brión e Santiago acadaron os premios nas categorías Wall-E e R2D2
28/04/2017