Problemática da diabetes tipo I na Infancia e adolescencia 30 de maio de 2008
Problemática da diabetes tipo I na Infancia e adolescencia
Intervención de D. Ricardo V. García
Organizada por alumnos da materia Patoloxía Molecular da Facultade de Bioloxía, en colaboración coa Asociación de Diabéticos de Vigo, o Edificio de Ciencias Experimentais acolleu a segunda edición da Campaña de detección da hiperglicemia. As análises realizaronse na entrada do centro entre as 11.30 e as 14.00 coa finalidade de dar a coñecer esta enfermidade que afecta cada vez a máis individuos e a idades máis novas. A partir das 13 horas celebrouse no salón de graos unha conferencia titulada Problematica de la diabetes tipo I en la infancia y adolescencia a cargo do Dr. Ricardo V. García Mayor, presidente da Federación de Diabéticos de España e xefe do Servizo de Endocrinoloxía e Nutricion do Hospital Xeral-Cíes de Vigo.