8. A Cultura contra a Ciencia 2 de feb. de 2016

Visto 2984 veces

8. A Cultura contra a Ciencia

Exponse aquí unha serie de respostas a preguntas do alumnado. A Cultura preséntase como algo desde o que se ataca e agride á Ciencia. Desde Rousseau e, sobre todo, Freud, considérase que a Razón reprime. Aquí sostense que, moi ao contrario, a Razón só reprime a estupidez. Porque, en realidade, a Razón é reprimida moi frecuentemente polas Ideoloxías, as Relixións, as Mitoloxías, as Crenzas, as Pseudociencias e, mesmo, a Política. A Razón sempre foi algo politicamente moi débil. O irracionalismo de individuos e gremios agride, lesiona e reprime, con frecuencia con pretensións intimidatorias, o racionalismo humano. A Cultura é hoxe a trincheira, o tobo, mesmo, ou ata o escaparate, en nome do cal se reprime a Ciencia, imponse un modelo de Arte, ou se esixe unha forma de comportamento "politicamente correcto".

Jesús G. Maestro
Profesor na Facultade de Filoloxía e Traducción da Uvigo