Anuncio da chegada do Pergamiño Vindel a Vigo. Intervención del Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xunta de Galicia 3 de mar. de 2017

Visto 585 veces

Anuncio da chegada do Pergamiño Vindel a Vigo. Intervención del Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xunta de Galicia

O reitor da Universidade de Vigo, Salustiano Mato e o conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, foron os encargados de dar a coñecer os detalles do regreso do Pergamiño Vindel a Galicia, onde chegará procedente de Nova York, tras máis de corenta anos depositado no Morgan Library Museum, propietario da obra desde a década de 1970. De “magnífica noticia para Galicia” cualificou o reitor o retorno a Vigo do pergamiño, “berce da nosa lingua, que amosa por onde e cando naceu unha parte importante da nosa identidade”, dixo Mato. Pola súa banda, Román Rodríguez, cualificou o día de hoxe “como brillante para a cultura galega”, ao tempo que manifestou a satisfacción da Xunta de Galicia por cooperar coa Universidade de Vigo para traer a Galicia “o que algúns consideran a acta fundacional da lingua galega”.

Román Rodriguez González
Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xunta de Galicia