Arqueoloxía e historia en mesopotamia de Uruk a Asiria. 4 de mar. de 2013

Visto 4410 veces

Arqueoloxía e historia en mesopotamia de Uruk a Asiria.

A máis de 5000 quilómetros de Galicia, nun país hoxe en conflito como é Siria, está o chamado berce da civilización. Alí tamén estiveron durante sete anos as ilusións e o traballo dun grupo sirio-español, coordinado pola Facultade de Humanidades e Documentación da Universidade da Coruña e a Dirección Xeral das Antigüidades e Museos de Damasco, que tiña como obxectivo estudar arqueoloxicamente o enclave chamado garganta de Khanuqa. Para dar a coñecer esa zona e o traballo realizado, o campus de Ourense acolle a mostra De Uruk a Asiria: arqueoloxía e historia antiga no berce da civilización.

i18n.one.Series: De Uruk a Asiria.
Juan Luis Montero Fenollos
Profesor, Universidade de Coruña
Organiza: Beatriz Comendador Rey
Profesora Doutora Facultade de Historia, Universidade de Vigo