Investidura Honoris Causa dos Doutores Dona Erin Moure e Don Emilio Rolán Mosquera pola Universidade de Vigo 22 de xuño de 2016

Visto 1190 veces

Investidura Honoris Causa dos Doutores Dona Erin Moure e Don Emilio Rolán Mosquera pola Universidade de Vigo

Acto completo

Erín Moure e Emilio Rolán son desde este mediodía os novos doutores honoris causa pola Universidade de Vigo, que xa fixo entrega da súa máxima distinción a un total de 26 persoas ao longo dos seus case 26 anos de existencia. A tradutora canadense converteuse hoxe na segunda muller, tras Lynn Margulis, en recibir o grao de doutora honoris causa, neste caso polo seu traballo a prol da lingua galega e as súas traducións ao inglés de poetisas como Rosalía de Castro, Chus Pato e Lupe Gómez. Pola súa banda, con máis de 1200 novas especies de moluscos descritas, que o acreditan como o taxónomo mariño máis produtivo do mundo, Emilio Rolán, foi, tras Moure, o encargado de recoller os atributos que o converten en honoris: o diploma, o barrete, o libro da ciencia e da sabedoría, o anel, as luvas brancas e a medalla. O salón de actos da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais acolleu a investidura da e do doutor honoris causa, que agradeceron a honra recibida, lembrando, no caso de Moure a todas as persoas que a axudaron desde hai case dúas décadas na aprendizaxe do galego, e no de Rolán algúns dos aspectos máis destacados do traballo do taxónomo.

Presenta: Salustiano Mato de la Iglesia
Reitor, Universidade de Vigo
Gloria María Pena Uris
Secretaria Xeral, Universidade de Vigo
Belén Martín Lucas
Docente e investigadora do Departamento de Filoloxía Inglesa, Francesa e Alemá, Universidade de Vigo
Erín Moure
Investigadora, poeta, tradutora e editora
Pedro Pablo Gallego
Docente e investigador do Departamento de Bioloxía Vexetal e Ciencias do Solo, Universidade de Vigo
Emilio Rolán
Explorador, taxónomo mariño, escritor, músico ocasional; excelente pintor e laureado deportista