Intervención de Roi Casal 1 de mar. de 2018
Intervención de Roi Casal
A Universidade recibiu unha visita especial, a das académicas e académicos da Real Academia Galega, institución que quixo tamén sumarse ás diferentes celebracións organizadas con motivo dos últimos días en Vigo do Pergamiño Vindel. Foi unha xornada académico-literaria organizada de xeito conxunto entre ambas institucións, celebrada no paraninfo da Reitoría viguesa e contou coas achegas da catedrática emérita Camiño Noia, e dos académicos Xesús Alonso Montero e Henrique Monteagudo; a participación do reitor, Salustiano Mato; o presidente da RAG, Víctor Freixanes, e o artista galego Roi Casal, que foi o encargado de pór o toque musical coa interpretación de varias composicións do xograr homenaxeado.