Quenda de preguntas. A UE, o yihadismo e a crise dos refuxiados. 11/04/2016

Visto 741 veces

Quenda de preguntas. A UE, o yihadismo e a crise dos refuxiados.

“A crise dos refuxiados parece ter roto as costuras da Unión Europea”, sostén o xornalista e experto en política internacional Roberto Montoya, para quen o drama que están a vivir nas fronteiras comunitarias as persoas fuxidas do conflito sirio constitúe unha “demostración da debilidade da UE no que se refire a acordos elementais como son a defensa dos dereitos humanos”, que, ao mesmo tempo, “deixa en evidencia as súas diferencias internas e a contradición entre os seus principios e valores e a práctica real”. O que fora xefe de Internacional do xornal El Mundo imparte esta tarde na Casa das Campás un relatorio sobre o papel adoptado por Europa nesta crise humanitaria á que, sinala, a Unión podería dar resposta con “vontade política”.

Roberto Montoya Batiz
Xornalista

Vídeos da mesma serie