Desenvolvemento encefálico e cultura 10 de abr. de 2013
Desenvolvemento encefálico e cultura
Condiciona a lingua a maneira de pensar?
Pode a lingua que se fala influír no xeito de pensar? Teñen mentes distintas as persoas que falan idiomas distintos? A mente dun galego funciona dun xeito diferente ao dun chinés? A relatividade lingüística é un tema clásico de discusión entre filólogos e antropólogos no que recentemente tamén se mergullaron neurocientíficos e psicólogos, que conclúen tras anos de estudos que a lingua pode modelar con certa intensidade os procesos cognitivos. Xurxo Mariño, biólogo da Universidade da Coruña e escritor do libro de Neurociencia para Julia. Invitado polo Departamento de Filología Galega e Latina da Facultade de Filoloxía e Tradución, abordou a relación entre a mente consciente e a linguaxe desde o punto de vista da neurobioloxía.