Obxectivo da actividade, completar a formación do alumnado de diferentes titulacións que traballa conxuntamente no desenvolvemento do primeiro nivel dun videoxogo 24 de out. de 2018
Obxectivo da actividade, completar a formación do alumnado de diferentes titulacións que traballa conxuntamente no desenvolvemento do primeiro nivel dun videoxogo
A presidenta da Fundación para a Investigación Social Avanzada iS+D, María Jesús Rosado, experta en metodoloxía de investigación aplicada ás ciencias sociais; e o catedrático da Universidad Complutense de Madrid e premio nacional de investigación en educación, Francisco García, autores do libro Feminismo de punto medio protagonizan, no salón de graos da Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación, unha conferencia debate sobre creación de contidos audiovisuais interactivos con perspectiva de xénero. A conferencia enmárcase dentro das actividades da Área de Igualdade da Universidade de Vigo e está organizada polas enlaces de igualdade da EE de Telecomunicación e da Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación.