Conferencia debate sobre creación de contidos audiovisuais interactivos con perspectiva de xénero 24 de out. de 2018

Visto 4 veces

Conferencia debate sobre creación de contidos audiovisuais interactivos con perspectiva de xénero

A presidenta da Fundación para a Investigación Social Avanzada iS+D, María Jesús Rosado, experta en metodoloxía de investigación aplicada ás ciencias sociais; e o catedrático da Universidad Complutense de Madrid e premio nacional de investigación en educación, Francisco García, autores do libro Feminismo de punto medio protagonizan, no salón de graos da Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación, unha conferencia debate sobre creación de contidos audiovisuais interactivos con perspectiva de xénero. A conferencia enmárcase dentro das actividades da Área de Igualdade da Universidade de Vigo e está organizada polas enlaces de igualdade da EE de Telecomunicación e da Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación.

María Jesús Rosado
Presidenta, Fundación IS+D para la Investigación Social Avanzada
Francisco García
Catedrático da Universidad Complutense de Madrid e premio nacional de investigación en educación