Centro de Linguas. Somos Uvigo 9 de xan. de 2019

Visto 129 veces

Centro de Linguas. Somos Uvigo

Laura, student

Principais liñas de traballo:

Cursos de idiomas. Impartimos cursos cuadrimestrais e intensivos dos seguintes idiomas: inglés, alemá, español para estranxeiros, francés, italiano, portugués, chino, xaponés, lingua de signos española, persa, árabe e ruso. O Centro de Linguas imparte todos os niveis do Marco Común Europeo de Referencia (A1, A2, B1, B2, C1 e C2).

Cursos específicos de preparación de exames oficiais (DELE, Cambridge, TOEFL). Preparamos para a realización dos distintos niveis dos exames oficiais.

Centro formador de formadores: Curso de metodoloxía da ensinanza de español como Lingua estranxeira, homologado polo Instituto Cervantes.

Centro acreditador de ACLES. Realización de exames de acreditación de nivel de idiomas CertAcles:
Inglés: niveis B1, B2 e C1
Alemán: nivel B1
Francés: nivel B1
Español: niveis B1 e B2

Centro examinador de DELE (Diploma de Español como lingua estranxeira) do Instituto Cervantes (Niveis A1, A2, B1, B2, C1 e C2); e centro examinador de TOEFL e IELTS.

Centro formador e acreditador para a docencia en inglés. O CdL imparte cursos específicos para impartir docencia en inglés, e baixo a dirección académica da Universidade de Vigo realiza o exame de acreditación HELA (Higher Education Lecturing Accreditation).
Formación a medida. No CdL elaboramos planes académicos específicos e adaptados ás necesidades dos nosos usuarios, empresas e entidades que requiren formación especializada ou fixan obxectivos adaptados á súa organización.


Vídeos da mesma serie
Centro de Linguas. Somos Uvigo
Laura, student
9 de xan. de 2019
Centro de Linguas. We are Uvigo!
Jeffrey Beasley, native teacher
9 de xan. de 2019
Centro de Linguas. Somos Uvigo
Alfonso, student
9 de xan. de 2019