“Vos necesitamos para que desenvolvades novas solucións e procesos para producir novos produtos centrados nos materiais compostos, porque a capacidade de España de fixar tecido industrial está vinculada co coñecemento e o desenvolvemento de solucións innovadoras e isto só se pode facer se traballamos xuntos: industria, coñecemento e administracións” 3 de xul. de 2019
“Vos necesitamos para que desenvolvades novas solucións e procesos para producir novos produtos centrados nos materiais compostos, porque a capacidade de España de fixar tecido industrial está vinculada co coñecemento e o desenvolvemento de solucións innovadoras e isto só se pode facer se traballamos xuntos: industria, coñecemento e administracións”
Cun relatorio sobre o estado actual e perspectivas futuras dos materiais de carbono tradicionais e as novas formas de carbono, a cargo da presidenta do CSIC, Rosa M. Menéndez, comezaba este mércores a 13ª edición do Congreso Nacional de Materiales Compuestos (MATCOMP’19). Máis de 350 persoas, entre investigadoras e investigadores, representantes de empresas e institucións públicas, participarán desde hoxe e ata o vindeiro venres no o evento máis importante da comunidade científica, académica e empresarial que se celebra en España sobre os materiais compostos e de altas prestacións. Nesta edición, o impacto concreto que os materiais compostos teñen na industria 4.0 e na economía circular, centran o congreso organizado pola Asociación Española de Materiales Compuestos (Aemac), é o evento, o Centro Tecnolóxico de Automoción de Galicia (CTAG) e a Universidade de Vigo.