190614_EVENTO_BICOS_I_conferenciajesustuche_con_cut6 14 de xuño de 2019

Visto 20 veces

190614_EVENTO_BICOS_I_conferenciajesustuche_con_cut6

O programa da xornada arancou coa benvida da man de Patricia Suárez, directora da revista ToolMaker e de Carmela Silva, presidenta da Deputación de Pontevedra. O profesor Ignacio Armesto abriu o panel de relatorios cunha intervención sobre as novidades e tendencias en robótica industrial e non industrial. Tras el interviron representantes de Haas Galicia, Schunk e Universal Robots, que abordaron temas como a industria 4.0 no mecanizado, os recursos humanos no paradigma 4.0 ou a evolución da robótica colaborativa. Posteriormente tivo lugar unha mesa redonda sobre retos e oportunidades da industria 4.0 no sector industrial galego que moderou o director do Igape, Juan Cividanes, coa participación de representantes de Universal Robots, TI Automotive Galicia, Borgwarner Vigo, PSA e GKN Vigo. A clausura da xornada correu a cargo do conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, tras o que comezou a cea solidaria.

Presenta: Manuela Sío Dopeso
Redatora de Economía , La Voz de Galicia
Jesús Tuche
Comercial Haas Galicia