O IoT, os datos e a intelixencia artificial como corazón na industria 4.0 29 de xan. de 2020

Visto 82 veces

O IoT, os datos e a intelixencia artificial como corazón na industria 4.0

Intervención de Juan de la Peña Gayo, Sales Specialist IoT & Data & AI Service Solution Professional, Microsoft

Como están a impactar as novas tendencias tecnolóxicas nas contornas industriais e na maneira de facer as cousas? Falamos de Cloud, de Bots, de Industrial IoT, de novos sensores, novos protocolos de comunicación, de servizos cognitivos aplicados á industria, de ata que punto a pirámide de automatización quedou obsoleta, de como o machine learning vai cambiar a maneira na que tomamos as decisións, e moitas cousas máis…

Durante o relatorio mostráronse varios exemplos prácticos das distintas disciplinas para entender o potencial destas tecnoloxías: Como conectar con IIoT varias plantas repartidas por todo o mundo. Como o Bot vai ser un dos interfaces ( HMI) do futuro, o recoñecemento de imaxes por vídeo para achegar valor aos procesos industriais, por exemplo, facendo as plantas máis seguras para os seus traballadores…
A fusión dos mundos IT & OT, perfís do futuro, novos actores que están a entrar con forza e grandes alianzas. E por suposto, falouse de cloud e datos. Os datos, unha fonte de poder para tomar decisións moito máis acertadas, ata xerar novos modelos.

Presenta: Juan de la Peña Gayo
Sales Specialist IoT & Data & AI Service Solution Professional, Microsoft