Turno de preguntas. O protocolo de Nagoya no contexto da protección da biodiversidade global 14 de feb. de 2020

Visto 12 veces

Turno de preguntas. O protocolo de Nagoya no contexto da protección da biodiversidade global

O Protocolo de Nagoya, asinado por 92 países incluído España, persegue unha participación xusta e equitativa nos beneficios que se deriven da utilización de recursos xenéticos. En España o Protocolo tradúcese no Real Decreto 124/2017 que regula o acceso e utilización dos recursos xenéticos procedentes de taxones silvestres. En Galicia, a Lei 5/2019 do patrimonio natural e da biodiversidade reflicte aspectos básicos para a aplicación da norma neste territorio e a obrigación de comunicación da administración territorial ao punto focal nacional.

A implementación do Protocolo de Nagoya e a lexislación asociada resulta complexa, e conleva unha carga administrativa coa que a maioría dos usuarios destes recursos non están familiarizados. Neste contexto, a xornada organizada por CETMAR e CIM persegue informar os asistentes sobre as obrigacións e requisitos establecidos nesa lexislación, así como presentar e analizar exemplos de uso comercial e non comercial de recursos mariños no ámbito do Protocolo. Por último, presentarase a Guía de Boas Prácticas para o acceso a recursos xenéticos desenvolvida no marco do proxecto European Blue Biobank, que coordina o CIM-UVIGO.

Autor/a: Alejandro Lago
Programa de Desenvolvemento de Nacións Unidas, Instrumento Financeiro Global, Naciones Unidas