Inserción laboral de graduados de Economía e ADE 18 de set. de 2020
Inserción laboral de graduados de Economía e ADE
Mesa redonda
O Grupo de investigación XENE e a Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo de Ourense da Universidade de Vigo organizan as XII Xornadas de Docencia en Economía, que se celebrarán os días 17 e 18 de setembro de 2020. O noso obxectivo é continuar o traballo realizado durante unha década e que se consolidou como un espazo aberto á reflexión e o intercambio de experiencias docentes entre profesores de toda España.
O que comezou sendo un encontro de profesores de áreas de traballo máis próximas ao núcleo da Análise Económica, evolucionou ao longo do tempo ampliando e integrando as distintas áreas que conforman os estudos de Economía e materias afíns. Nesta duodécima edición inclúense 9 áreas:
Contabilidade e Finanzas
Econometría
Economía Aplicada
Empresa familiar
Estatística e Matemáticas
Historia Económica
Macroeconomía
Microeconomía
Organización de Empresas e Marketing