de onde vén esta maleta? 10 de nov. de 2020

Visto 8 veces

de onde vén esta maleta?

Conferencia

A Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte acolle a sexta edición da Xornada sobre bo uso e mal uso do mar, que organiza conxuntamente coa Deputación de Pontevedra, o Consello da Cultura Galega e o Campus do Mar. Baixo o título Unha mirada á Axenda 2030 desde unha perspectiva de xénero: o mar das mulleres nas túas mans, a xornada terá como obxectivo impulsar un espazo de intercambio para o coñecemento de estratexias e contidos da Axenda 2030 e os Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable (ODS), e do seu impacto na vida das mulleres, das nenas e nenos e colectivos vulnerables.

Ponente: María Lorenzo Rial
Equipo de investigación, Universidade de Vigo