Clausura do acto 9 de mar. de 2021
Clausura do acto
A Universidade de Vigo conmemora o Día internacional da muller. Tras unha actuación musical do grupo galego Blues do País, formado por Bieita James e Pepe King, será o reitor, Manuel Reigosa, quen abra a celebración, na que terá lugar a entrega do noveno Premio do compromiso coa igualdade de xénero da Universidade de Vigo, uviguala 2021, que representa o compromiso da institución por acabar coa desigualdade entre homes e mulleres, así como o recoñecemento ao esforzo e ao traballo desenvolvido polas persoas galardoadas.
O acto encádrase na campaña desenvolvida pola UVigo co gallo do 8M, coa que, baixo o lema Mudamos o mundo desde o feminismo: aprendemos a mirar, se busca deixar patente a necesidade de incorporar á vida universitaria a perspectiva de xénero.