Discurso das responsables da Iniciativa EXXperimenta en Feminino 9 de mar. de 2021

Visto 52 veces

Discurso das responsables da Iniciativa EXXperimenta en Feminino

A Universidade de Vigo conmemora o Día internacional da muller. Tras unha actuación musical do grupo galego Blues do País, formado por Bieita James e Pepe King, será o reitor, Manuel Reigosa, quen abra a celebración, na que terá lugar a entrega do noveno Premio do compromiso coa igualdade de xénero da Universidade de Vigo, uviguala 2021, que representa o compromiso da institución por acabar coa desigualdade entre homes e mulleres, así como o recoñecemento ao esforzo e ao traballo desenvolvido polas persoas galardoadas.

O acto encádrase na campaña desenvolvida pola UVigo co gallo do 8M, coa que, baixo o lema Mudamos o mundo desde o feminismo: aprendemos a mirar, se busca deixar patente a necesidade de incorporar á vida universitaria a perspectiva de xénero.

Nieves Lorenzo
Profesora do departamento de Física Aplicada e investigadora do grupo EPHYSLAB (Environmental Physics Laboratory), Universidade de Vigo
Alma Gómez
Profesora del departamento de Infomática. Escola de Enxeñaría Informática, Universidade de Vigo
Julia Carballo
Profesora do departamento de Bioloxía funcional e ciencias da saúde. Facultade de Ciencias, Universidade de Vigo


Vídeos da mesma serie
Non che son de ninguén
Actuación músical do grupo 'Blues do País'
8 de mar. de 2021
Clausura do acto
9 de mar. de 2021
Vogha pola ría
Actuación músical do grupo 'Blues do país'
8 de mar. de 2021