Florencio Delgado Gurriarán: Vida y milagros 16 de maio de 2022

Visto 37 veces

Florencio Delgado Gurriarán: Vida y milagros

O profesor e académico Xesús Alonso Montero visitou a Universidade de Vigo para lembrar e homenaxear a figura de Florencio Delgado Gurriarán, a quen este ano se lle dedica o Día das Letras Galegas, actos que na UVigo arrancaron de forma oficial no campus de Pontevedra.
Acompañado polo decano da facultade, José Montero Reguera, e o director do Departamento de Filoloxía Galega e Latina, Xosé Henrique Costas, e ante un nutrido grupo de docentes e estudantes, Alonso Montero decidiu, “diante deste público experto”, non centrar a súa intervención “nin na vida nin na polifacética obra deste autor”, senón na biografía lingüística de Delgado Gurriarán, “un escritor cun saber lingüístico verdadeiramente memorable”. Lembrou que era un autor con moitos coñecementos de lingüística, non porque tivera unha carreira filolóxica, “estudara Dereito en Valladolid do 1919 ao 1924”, senón porque sempre tivera interese polo idioma galego, de tal maneira que lía moitos libros e trataba de asesorarse das persoas que tiñan un certo saber filolóxico superior a el.
Autor do libro Florencio Delgado Gurriarán. Poeta na terra, na guerra e no exilio. Antoloxía poética (Galaxia), Alonso Montero foi o primeiro estudoso en Galicia deste autor e unha das personalidades que máis levan reivindicando a súa obra. “Tiven contacto con Delgado Gurriarán desde hai moitos anos. Desde antes de 1975, ano da morte de Franco, eu xa me dedicaba a facer algún tipo de traballo sobre escritores exiliados e dende entón, os meus libros sobre esta temática son variados”, explicou o escritor ao inicio da conferencia.
Fonte: DUVI

Presenta: Xosé Henrique Costas
Director do Departamento de Filoloxía galega e latina, Universidade de Vigo
Decano da Facultade de Filoloxía e Tradución, Universidade de Vigo
Xesús Alonso Montero
Ensaísta, socialingüista, poeta e conferenciante español, catedrático de literatura galega e Presidente da Real Academia Galega e do Consello da Cultura galega

Vídeos da mesma serie