Programa universitario para o emprego e a vida autónoma. Curso 2021-22 29 de xuño de 2022
Programa universitario para o emprego e a vida autónoma. Curso 2021-22
O Programa ten como obxectivo dotar ao estudantado de competencias que melloren a súa autonomía, formación académica e preparación laboral como cidadás activos. Docencia universitaria, obradoiros inclusivos, voluntariado e prácticas.
O Programa ten como obxectivo dotar ao estudantado de competencias que melloren a súa autonomía, formación académica e preparación laboral como cidadás activos. As actividades formativas realizaranse no Campus Universitario de Vigo e no Campus Universitario de Ourense en convivencia cotiá coa comunidade universitaria co obxectivo de alcanzar o enriquecemento que achega a diversidade. O título desenvólvese en colaboración coas Asociación Down Vigo e Asociación Down Ourense, entidades especializadas na atención a persoas con Síndrome de Down e diversidade intelectual que proporcionan unha resposta á necesidade de familias e persoas con diversidade intelectual.
Estes ensinos están financiado polo “Programa Unidiversidad curso 2023-2024: programas universitarios de formación para o emprego dirixidos a mozos con discapacidade intelectual, do desenvolvemento e/o do espectro autista inscritos no sistema nacional de garantía xuvenil» da Fundación ONCE e cofinanciado polo Fondo Social Europeo.